e-IMRT

E-IMRT

Obxectivo

O proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento dun servizo baseado en tecnoloxías de Internet para a planificación e validación de tratamentos radiolóxicos baseado sobre novas técnicas de cálculo. En concreto, o servizo contará cos sequintes módulos:

Este novo servizo pretende mellorar a realización das planificacións de radioterapia, especialmente en casos complexos, aportando novas ferramentas ós profesionais que actualmente as planifican nos hospitais públicos eprivados. A implementación do presente proxecto permitirá as seguintes melloras respecto ós sistemas de planificación convencionais:

Algoritmos de optimización do tratamento automatizados que permiten alcanzar unha mellor deposición de dose para tratamentos complexos (especialmente IMRT).Esta técnica de optimización non é accesible habitualmente pola planificación convencional debido ó uso actual de técnicas manuais de selección de parámetros basadas fundamentalmente na experiencia do radiólogo ou ben ó elevado custo de cálculo dos algoritmos automáticos. En xeral as vantaxes clínicas de esta ferramenta son unha menor dose sobre órganos sans que rodean ó tumor e unha deposición mais uniforme de dose no volume tumoral.

Alcanzar unha posición estratéxica de cara á nova xeración de planificadores que incluirán o método de Montecarlo para o cálculo de dose. Mediante o uso de este método de cálculo se conseguirá unha maior precisión nas rexións con fortes variacións de densidade.

Tamén permite a sua utilización para a comprobación dos resultados obtidos coas ferramentas de optimización desenvolvidas no proxecto.

Rapidez do resultado para unhas prestacións obxectivo mediante o uso de computación paralela masiva.

Creación dunha base de datos de tratamento tanto para a sua consulta polos profesionais sanitarios como para a formación académica e docencia.

Alexamento de complexidade de hardware, xestión e mantemento do usuario final.

Acceso mediante arquitecturas web, o que permitirá unha actualización permanente dos módulos desenvolvidos de forma transparente, así como a inclusión de novos módulos no futuro.

Como resultado da aplicación do proxecto nos hospitais, obterase unha mellor planificación dos tratamentos por radioterapia con unha mellor protección dos órganos que non necesitan intervención e un mellor aproveitamento das instalacións de radioterapia.

Como obxectivos concretos de este subproxecto, realizaránse o módulo de catálogo de casos de interés, moi útil para a formación continua dos radiólogos e os investigadores en aras da mellora do sistema, así como a adaptación a entornos distribuidos dos cálculos de MonteCarlo eoptimización para reducir os tempos de espera dos resultados, aumentando polo tanto a productividade dos usuarios finais.

˜ Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela ˜ Telf.: +34 981 569810 ˜ Fax: +34 981 594616 ˜